Benvidos á web do Casal de Cris – En Cotobade (Tenorio), Pontevedra.

Restaurada sen olvidar a tradición

É unha preciosa e típica casa de pedra galega de máis de 200 anos de antigüidade, coidadosamente restaurada, tranquila y acolledora. Conta cun bosque privado rodeado de árbores autóctonas.

Fácil conexión coa cidade

Moi preto da cidade de Pontevedra, na que podes gozar duns paseos agradables pola súa zona vella, degustar a nosa rica gastronomía e refrescarte en calquera das súas múltiples praias.

Sensación de tranquilidade

Abrimos a porta principal e, xa dende o primeiro momento, respiramos un ambiente familiar e tranquilo no que Cris nos dá a benvida.

Nosos exteriores

No exterior da casa podemos gozar da piscina, dous soportais, un alpendre, unha grela, pista de tenis e bosque privado.

A Finca Do Casal de Cris

Na leira, de máis de 10.000 m², nun ambiente tranquilo e sosegado, atópase un alpendre, decorado con mobles de vimbia onde se pode gozar dunha animada conversa entre os visitantes.

Tamén hai laranxos centenarios e dous carballos tamén centenarios, macho e femia, con moita enerxía positiva para quen queira darlles unha aperta.

O xardín dispón de moitos rincóns onde disfrutar da túa estancia, desde darse un baño na piscina, xogar un partido de tenis ou dar un paseo polo bosque privado.

Servizos e Entorno

Dispoñemos de múltiples servicios, tanto propios como do noso entorno, para a túa máxima comodidade.

Dende conexión Wifi, Barbacoa na finca, Mini bar ou guías e múltiples actividades cercanas á casa: un ecoparque, un observatorio astronómico, un museo da gaita, baños en ríos cercanos, cotos de pesca, rutas BTT, senderismo de calidade ou pobos e gastronomía típica de Galicia así como a cercanía a destinos moi populares como as propias Rías Baixas.

Opinions dalgúns clientes

Unha casa moi acolledora nun contorno moi tranquilo, ideal para desconectar uns días.

Juan CastillaMurcia

Casa con decoración rústica que fai que te sintas en pleno campo é, ao mesmo tempo, moi preto da cidade, moi recomendable.

Charlie EvansInglaterra

Contorno apropiado para os nenos, con diversas opcións de lecer, e Cris, a súa dona, orientounos e reservounos actividades na zona.

Ana SantillanaA Coruña

O mellor: o son matinal dos paxaros e a tranquilidade que se respira na casa e na leira.

Evandro CunhaPortugal